|
|
Acerca de Arç
|
En Arç dedicámonos á xestión de seguros dunha maneira integral, ofrecendo:
- Asesoramento, estudo e investigación de produtos específicos de seguro.
- Xestión de compra de seguros, con criterios colectivos.
Estamos especializados no ámbito da economía social e solidaria e das enerxías renovables.
- Economía social e solidaria: dirixímonos a cooperativas, entidades de iniciativa social, ONG e asociacións para ocuparnos da xestión dos seus seguros. O coñecemento que temos destes sectores permítenos ofrecer un servizo especializado, enfocado ás súas necesidades.
- Enerxías renovables: ocupámonos das necesidades do sector e estamos vinculados estreitamente a compañías e especialistas de Europa e dos EE.UU.
Dosier informativo (castellano): Proyecto Arç
|
|
Movidos pola vontade de que as necesidades das persoas sexan o noso obxectivo prioritario, creamos unha organización socialmente responsable, tanto cos colectivos vinculados directamente á nosa actividade (clientes, socios, traballadores, provedores, etc.) como co medio social e natural.
Para iso, practicamos unha xestión cooperativa integral, baseada na autoxestión e a democracia. Despois de 25 anos, o noso proxecto empresarial converteuse nunha experiencia consolidada, con perspectivas de continuidade e sen perder a dimensión social que nos caracteriza.
|
|
Trazos distintivos da nosa traxectoria |
|
ARÇ Cooperativa, comezou a súa actividade durante a primavera de 1983, inspirándose no cooperativismo autoxestionado e co convencemento de que é compatible cunha xestión e organización empresarial correcta.
ARÇ Correduría de Seguros, enfocouse á xestión de seguros con criterios colectivos, dirixíndose ás necesidades das cooperativas e doutras organizacións da economía social e solidaria.
A evolución durante estes anos, conduciunos a ofrecer servizos de asesoría, consultoría e prevención de riscos, o que chamamos Servizos Integrais de Seguro.
ARÇ Edicións orientou o seu labor editorial á divulgación e didáctica da natureza e á difusión do pensamento cooperativo. Non permanece activa nestes momentos.
ARÇ Intercooperación Económica: cooperativa de consumo, constituíuse en 1998, para promover a adquisición de servizos de seguro para particulares. Durante estes anos, desenvolvemos outros servizos, colaborando con iniciativas das finanzas éticas e solidarias, ou co comercio xusto.
|
|
Ler máis...
|
|
O pradairo branco (Crataegus monogyna) é un arbusto espiñoso, moi ramificado, de flores brancas, de perfume agradable, follas lobuladas e froitos vermellos. No noso país abonda nos bosques de carballeiras, nas marxes dos camiños e tamén nas paraxes de ribeira. É característico pola súa espectacular floración de abril a xuño, polas espiñas que o protexen dos seus depredadores e polas súas virtudes medicinais.
|
|
Memòria sostenibilitat 2007 |
Traducción no disponible - Translation not available
Pots descarregar la Memòria de sostenibilitat 2007:
Memòria de sostenibilitat 2007
|
|
|
|