|
Os produtos que presentamos están dirixidos a organizacións con dimensión social e comunitaria, que forman parte do mundo do asociacionismo educativo, cultural, veciñal, xuvenil ou de axuda a persoas con enfermidades, discapacidade ou con risco de exclusión social.
Elaboramos as nosas propostas a partir do coñecemento da realidade dos diferentes marcos normativos, co obxectivo de adaptalos ás necesidades colectivas.
Produtos xerais
Responsabilidade civil
Garante o pagamento das indemnizacións das que poida resultar civilmente responsable por danos corporais ou materiais e tamén dos gastos por fianzas civís e gastos xudiciais.
Cóbrense reclamacións derivadas, tanto da propia actividade, con independencia do causante dos danos, como das instalacións empregadas ou dos produtos subministrados.
Accidentes
Garante a asistencia médica e farmacéutica e o cobro dunha indemnización por accidente, en caso de morte ou invalidez.
- Persoas traballadoras, voluntarias, usuarias ou participantes no marco da actividade obxecto do seguro.
Multirisco instalacións/oficinas
Combinado de coberturas (incendio, roubo, responsabilidade civil, avarías de maquinaria, perda de beneficios, cristais, etc.) que pode asegurar continente, obras de mellora e/ou contido.
- Continente: conxunto de construcións principais ou accesorias e as correspondentes instalacións de auga, electricidade, calefacción, cristais…
- Obras de mellora: adecuación do continente á actividade que se desenvolve, ou para o seu mantemento.
- Contido: conxunto de mobles, instalacións, ferramentas, materiais, equipos informáticos.
Asistencia en viaxe
Cobertura dirixida a persoas desprazadas a causa da súa actividade voluntaria, técnica ou de coordinación.
Na cobertura de asistencia de viaxe, as persoas aseguradas poderanse repatriar en caso de enfermidade, accidente e/ou morte, e disporán dos medios necesarios para un regreso urxente, en caso de necesidade. Ademais, garántese a cobertura dos gastos médicos e, en caso de hospitalización, cobre a estancia dun familiar no hotel.
Os beneficiarios poderanse pór en contacto durante as 24 horas, a través do teléfono de asistencia internacional.
Produtos financeiros
Diñeiro Solidario con Coop57 SCCL
COOP57 é unha cooperativa de servizos financeiros que presta colaboración aos seus asociados.
- Préstamos a curto e longo prazo.
- Créditos ponte para avanzar o importe de subvencións de entidades e organismos.
- Produtos de financiamento de capital circulante.
|