|
Os produtos que presentamos van dirixidos a organizacións e empresas que promoven a cohesión social e a mellora das condicións de vida mediante a súa actividade profesional. Poden operar en campos como a educación, os servizos comunitarios ou a atención ás persoas, entre outros.
A oferta de produtos de seguro que ofrecemos está pensada para cubrir as necesidades das organizacións de iniciativa social, incorporando aquelas derivadas dos diferentes marcos normativos que as afectan e que poden comportar obrigas aseguradoras.
Produtos xerais
Multirisco instalacións oficinas
Combinado de coberturas (incendio, roubo, responsabilidade civil, avarías de maquinaria, perda de beneficios, cristais) que pode asegurar continente, obras de mellora e/ou contido.
- Continente: conxunto de construcións principais ou accesorias e as correspondentes instalacións de auga, electricidade, calefacción, cristais…
- Obras de mellora: adecuación do continente á actividade que se desenvolve, ou para o seu mantemento.
- Contido: conxunto de mobles, instalacións, ferramentas, materiais, equipos informáticos.
Responsabilidade civil
Garante o pagamento das indemnizacións das que poida resultar civilmente responsable por danos corporais ou materiais e tamén dos gastos por fianzas civís e os gastos xudiciais. Cóbrense responsabilidades derivadas de:
- A utilización das instalacións
- Actuacións do persoal dentro das instalacións, ou ben en ocasión de saídas, excursións ou actos similares
- Intoxicacións por subministración de produtos alimenticios en malas condicións
Accidentes
Garante a asistencia médica e farmacéutica e o cobro dunha indemnización por accidente, en caso de morte ou invalidez.
- Usuarios, alumnos e/ou participantes dentro das instalacións e en todas as actividades que sexan responsabilidade da entidade.
- Educadores, traballadores e/ou monitores: garante unha cobertura profesional e extraprofesional as 24 horas do día.
Vida
É unha prestación que posibilita o pagamento dunha cantidade de diñeiro (capital asegurado) ás persoas previamente designadas (beneficiarios), pola persoa asegurada, en caso de morte da mesma.
Subsidio por baixa
Garante unha indemnización diaria en caso de baixa por enfermidade ou accidente. É compatible e complementaria con calquera outro seguro privado ou coa Seguridade Social (Autónomos ou Réxime Xeral) e goza de vantaxes sociais para a cooperativa e de vantaxes fiscais para os traballadores autónomos. Calquera médico pode dar a baixa e a alta
|