|
Oferta destinada ás entidades que desenvolven actividades socioeducativas e de educación (multirisco centros docentes, multirisco instalacións, responsabilidade civil, accidentes).
Seguros para centros docentes
O produto multirisco centros docentes que ofrecemos consiste nun conxunto de pólizas para cubrir riscos das entidades de educación. Está elaborado coidadosamente para cubrir os riscos da instalación, a responsabilidade civil, os accidentes e todo aquilo que garante a seguridade do centro.
Multirisco instalacións/oficinas
Combinado de coberturas (incendio, roubo, responsabilidade civil, avarías de maquinaria, perda de beneficios, cristais) que pode asegurar continente, obras de mellora e/ou contido.
- Continente: conxunto de construcións principais ou accesorias e as correspondentes instalacións de auga, electricidade, calefacción, cristais…
- Obras de mellora: adecuación do continente á actividade que se desenvolve, ou para o seu mantemento.
- Contido: conxunto de mobles, instalacións, ferramentas, materiais, equipos informáticos.
Responsabilidade civil
Garante o pagamento das indemnizacións das que poida resultar civilmente responsable por danos corporais ou materiais e tamén dos gastos por fianzas civís e os gastos xudiciais. Cóbrense responsabilidades derivadas de:
- A utilización das instalacións
- Actuacións do persoal dentro das instalacións, ou ben en ocasión de saídas, excursións ou actos similares
- Intoxicacións por subministración de produtos alimenticios en malas condicións
AccidentsAccidentes
Garanteix l’assistència mèdica i farmacèutica i el cobrament d’indemnitzacions en cas de mort o invalidesa per accident.Garante a asistencia médica e farmacéutica e o cobro dunha indemnización por accidente, en caso de morte ou invalidez.
- Usuarios, alumnos e/ou participantes dentro das instalacións e en todas as actividades que sexan responsabilidade da entidade.
- Educadores, traballadores e/ou monitores: garante unha cobertura profesional e extraprofesional as 24 horas do día.
Accidentes convenio colectivo
Garante o pagamento dos capitais que a empresa está obrigada a indemnizar aos seus traballadores e traballadoras por morte ou invalidez, en caso de accidente, segundo os seus respectivos convenios colectivos.
Produtos financeiros
Diñeiro Solidario co apoio de Coop57 SCCL
COOP57 é unha cooperativa de servizos financeiros que presta colaboración aos seus asociados.
- Préstamos a curto e longo prazo.
- Créditos ponte para avanzar o importe de subvencións de entidades e organismos.
- Produtos de financiamento de capital circulante.
Facilitámoslle información e contratación dos servizos financeiros.
|