Os nosos servizos integrais de seguros

Ocupámonos dos programas dos nosos clientes de forma integral, ofrecéndolles servizos especializados para cubrir as súas necesidades aseguradoras:

  • Asesoramento, estudo e investigación de produtos específicos de seguro.
  • Xestión da compra empregando criterios colectivos.
Estamos especializados no ámbito da economía social e solidaria e das enerxías renovables.
  • Economía social e solidaria: ocupámonos da xestión dos seguros de cooperativas, entidades de iniciativa social, ONG e asociacións. Coñecemos a realidade do sector, ao que pertencemos desde a nosa creación.
  • Enerxías renovables: ocupámonos das necesidades do sector e estamos vinculados estreitamente a compañías e especialistas de Europa e dos EE.UU.
  

Tríptic ESS Castellà Triptico Economia Social y Solidaria

Tríptico ER Tríptico Eneergías renovables
A innovación tamén é un dos elementos clave do noso proxecto empresarial. Un dos servizos que representa un valor engadido para a nosa xestión é o AGIA.
  • Área de xestión integrada de Seguros (Agia): ofrecémoslles aos nosos clientes, vía Internet, unha ferramenta que lles permite ter unha información actualizada das pólizas e coberturas contratadas. Incorpora un sistema de comunicación para notificar modificacións e sinistros e poder realizar un seguimento.

 O noso proxecto empresarial converteuse nunha experiencia consolidada, que garante unha organización funcional axeitada, e que xera unha perspectiva de continuidade do proxecto, sen perder a dimensión social que nos caracteriza. Por este motivo, estamos implicados no desenvolvemento do seguro ético e solidario.ethsi-quadrat-250.jpg

  • Selo EthSI, o seguro ético e solidario: esta marca certifica produtos aseguradores, garantindo que, tanto os mesmos, como as compañías e comercializadores, cumpren unha serie de criterios éticos e solidario.
corredoria_registrada_ethsi2.jpgArç Cooperativa está registrada ao Obervatori de les Finances Ètiques como xestor certificado para a comercialización do seguro ético e solidario.